Conversa modelo:Ferrolterra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ferrolterra[editar a fonte]

Ferrolterra é unha redirección ao artigo Comarca de Ferrol. Si a Ferrolterra inclúe realmente as tres comarcas, habería que correxir isto, creando un artigo propio sobre Ferrolterra, ou eliminando esa redirección Miguel.lima 21:41, 13 decembro 2006 (UTC)

O escudo é o do concello de Ferrol, si a Ferrolterra é máis que só Ferrol, penso que sobra. Miguel.lima 21:43, 13 decembro 2006 (UTC)


Semella que este modelo foi creado para inserir unha ligazón externa e para poñelo no máximo número de páxinas posibles. Hai réplicas dela en varios wikis, en es.wp foi creada as 18:15 13 dic 2006 (hist) (dif) Plantilla:Ferrolterra por un usuario chamado Rodrigo Sarda que se rexistrou as 21:31 12 dic 2006, Aquí creouna as 18:51, 13 decembro 2006 un usuario que se rexistrou hoxe mesmo. Hai unha edición dun IP que coincide na orixe co que editou no template en inglés facendo esta edición que consiste en poñer a ligazón externa.

Nas condicións actuais Ferrolterra resulta innecesario e é impreciso. Faltan referencias para xustificar os concellos que realmente pertencen a este territorio. Non podemos incluílo na lista de concellos reseñados, outra cousa sería desenvolver un artigo co mesmo nome sempre e cando se poidan aportar referencias fiables. Polo de agora procedo a retirar a ligazón externa. (xa o fixo Miguel.lima) Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:11, 13 decembro 2006 (UTC)

  • Propoño, salvo que haxa algún xeito oficial de soster que os concellos que se abranguen coa etiqueta Ferrolterra pertencen a ese espazo indefinido, que esta template sexa borrada. Considerar, por exemplo Mañón, Ortigueira ou Cariño dentro de Ferrolterra seméllame unha esaxeración motivada por sentimentos particulares de expansión da identidade dunha zona que non ten recoñecemento oficial e que non o pode ter, polo tanto, enciclopédico, especialmente se na mesma se recoñecen zonas--Lmbuga Commons - Galipedia 16:31, 19 decembro 2006 (UTC)