Conversa ficheiro:Escudo de Boqueixón.svg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Motivo de {{SímboloIncorrecto}}[editar a fonte]

Decreto 29/1994, do 4 de febreiro DOG núm. 34 (18 de febreiro de 1994)

http://www.eidolocal.es/portal/serv_xunta/heraldica/Boqueixon.html

Na páxina web do concello hai un escudo (http://www.boqueixon.com/images/stories/escudo.jpg ).

De azur (azul), un monte de sinople (verde), sumado de sol de ouro (amarelo), cargado dunha vieira de prata (branco) e, na punta, dunha ponte de tres arcos, de ouro, sobre ondas de azur e prata. Ó timbre, coroa real pechada.

Problemas encontrados

As figuras non son as aprobadas. A forma do monte non lembra o Pico Sacro, a vieira e a ponte non seguen o carácter esquemático dos escudos de Galicia-- Lmbuga / Conversa comigo  10:09, 4 outubro 2009 (UTC)

Dubido se marcar este escudo coa etiqueta {{SímboloNonOficial}} en vez de {{SímboloIncorrecto}}. Se fose unha realización artística, non dubidaría en facelo, pois o escudo podería estar presente na Galipedia pola súa intención estética. Considero que non é o caso deste escudo pois con el só se pretende achegar o escudo oficial (cousa que non se consegue) e non compoñer unha obra de arte.-- Lmbuga / Conversa comigo  10:13, 4 outubro 2009 (UTC)