Conversa categoría:Todos os artigos con ligazóns externas rotas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Parabéns[editar a fonte]

Por esta iniciativa, Prevert. Penso que copi-pegadas doutras wikis, temos milleiros e milleiros de ligazóns externas inoperativas. --. HombreDHojalata.conversa 17:22, 19 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas. O bot anda a revisar todas as ligazóns externas a atopou moitas rotas. Ten que revisalas novamente para confirmalas. Logo diso quizais sexa interesante crear unha páxina para pegar todas as ligazóns que non funcionan porque hai que verificalas manualmente antes de eliminalas ou corrixialas e no caso das referencias externas marcalas co modelo {{Ligazón morta}}. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:31, 19 de marzo de 2012 (UTC)

Nesta categoría imos ter títulos de artigos con ligazóns externas rotas. Pero ¿hai forma de marcar cal é a que está rota? Acabo de abrir a primeira da lista, Castelao, e ten 10 lig. ext. ¿hai que ir probando unha a unha ata atopar a rota? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:00, 6 de abril de 2012 (UTC)

Non se refire unicamente as que están so ao final do artigo! Refírese a tódalas ligazóns externas que hai, incluíndo as que van nas notas ao pé.
As mortas están marcadas. Busca "ligazón morta" no buscador do navegador de internet (en Mozilla Firefox:Editar→Buscar, en Internet Explorer:Edición→Buscar en esta página... etc). --. HombreDHojalata.conversa 11:30, 6 de abril de 2012 (UTC)
Vale, xa o vexo: rotas e mortas ¿están sempre marcadas como "mortas"? Fixen algunhas comprobacións nos artigos de Piñeiro e Castelao, e vai ser tarefa imposible restaurar esas ligazóns. O discurso de ingreso de Piñeiro non está na actual web da RAG pero, como estivo, supoño que é que están enchendo de contidos e que algún día reaparecerá. Buscar o acordo do Consello da Xunta que decideu o 31.07.2008 catalogar e dixitalizar tódolos textos e debuxos de Castelao supón mirar 1.920 páxinas a ver se é algunha delas. Ríndome sen intentalo sequera. Malo, malo, isto de "garantir" que a referencia que damos hoxe vai seguir presente mañá. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:06, 6 de abril de 2012 (UTC)
Un bot é o que vai verificando as ligazóns externas para facer unha lista das que están rotas ou das que desapareceron. Nas referencias temos que poñer marcador {{Ligazón morta}} para identificalas, é imposble garantir que a ligazón externa estea "viva" para sempre. Ás veces quedan copias no Internet Archive ou outros sitios web reproducen esa mesma información pero en principio o máis probable é que da maioría das ligazóns mortas non haxa copia, polo menos accesible dun xeito sinxelo ou que sexa doado atopar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:34, 6 de abril de 2012 (UTC)