Conversa categoría:Personaxes de The Chronicles of Narnia
Aparencia
Nunca sei se a forma co apóstrofo é correcta. Para min o correcto sería "Personaxes de As Crónicas de Narnia" xa que "As Crónicas de Narnia" é un nome propio. Alguén me fai caer da burra? --Toliño Fala aquí comigo 13:48, 16 xuño 2009 (UTC)
- Normativa: "Poderá usarse (o apóstrofo) tamén na citación de títulos ou cabeceiras de publicacións cando o artigo inicial se integra coas preposicións de ou en". --RNC 13:58, 16 xuño 2009 (UTC)
- Adiantóuseme RNC. Con todo, aí che vai un engadido, Toliño. Tirado da Normativa da RAG: No galego moderno non se utiliza habitualmente o apóstrofo (’), aínda que se admite o seu uso cando se pretende reproducir fielmente a prosodia do galego oral ou dialectal: n’é verdade, n’o fixen, ont’á noite.
Poderá usarse tamén na citación de títulos ou cabeceiras de publicacións cando o artigo inicial se integra coas preposicións de ou en: o argumento d’A Esmorga; iso está n’Os Eoas.
- D’acordo, grazas aos dous. --Toliño Fala aquí comigo 16:11, 16 xuño 2009 (UTC)
Iniciar unha conversa sobre "Categoría:Personaxes de The Chronicles of Narnia"
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wikipedia sexa o mellor posible. Podes usar esta páxina para iniciar unha conversa con outras persoas sobre como mellorar "Categoría:Personaxes de The Chronicles of Narnia".