Conversa categoría:Mulleres fatais

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non sei ata que punto esta categoría é neutral. Teño as miñas dúbidas. Non en si a categoría, senón categorizar a mulleres reais como mulleres fatais, entendo un personaxe literario caracterizado así polo seu autor, pero son os homes os que denominaron mulleres fatais a determinadas mulleres reais e iso é algo valorativo, sería como crear categorías de homes varudos, homes valentes, homes covardes...--HacheDous=0 (conversa) 9 de setembro de 2020 ás 17:27 (UTC)[responder]

Elimino as mulleres reais da categoría e deixo personaxes. Lles (conversa) 10 de setembro de 2020 ás 08:35 (UTC)[responder]

Non sei como considerar os personaxes da Biblia. Quizais sería mellor eliminar a categoría. Lles (conversa) 10 de setembro de 2020 ás 08:38 (UTC)[responder]

Eu eliminaría a categoría, só existe na wikipedia en español e non vexo que sexa realmente necesaria nin que achegue nada, se son personaxes literarios xa existe esa categoría, se son bíblicos pois xa temos esa categoría; outras wikipedias teñen unha categoría para mulleres bíblicas, porén na Galipedia non se adoita dividir as categorías entre homes e mulleres.--HacheDous=0 (conversa) 10 de setembro de 2020 ás 10:40 (UTC)[responder]