Conversa categoría:Medicina

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Propoño o cambio de nome da categoría Categoría:Doenzas (que contén as subcategorías de Categoría:Doenzas infecciosas, Categoría:Intoxicacións alimentarias, Categoría:SIDA e Categoría:Trastornos da linguaxe) a categoría Categoría:Enfermidades. A razón é que a denominación doenzas é abondo inespecífica, case coloquial, mentres que a de enfermidade é máis técnica e común.

Por coherencia, Categoría:Doenzas infecciosas (que agora só contén SARM e varíola) pasaría a denominarse Categoría:Enfermidades infecciosas (e, por exemplo, SIDA pasaría a colgar desta subcategoría).

De por parte, a Categoría:Enfermidades pasaría a colgar da de Categoría:Patoloxía (na que hoxe só temos un artigo: hemorraxia). Isto ten un problema: que dentro desta categoría patoloxía habería que crear logo subcategorías para enfermidades infecciosas (xa citada), enfermidades parasitarias, enfermidades esporádicas, etc. todo iso unha clasificación difícil. A alternativa sería bautizalas como Categoría:Patoloxía xeral (onde entrarían cousas como febre, hemorraxia, síncope, aborto, etc.), Categoría:Patoloxía infecciosa, Categoría:patoloxía parasitaria, Categoría:patoloxía cirúrxica, Categoría:patoloxía médica, etc., conceptos máis tradicionais e establecidos na ciencia médica e veterinaria. Ademais, isto axudaría a obvia-la discusión semántica entre doenza e enfermidade.

Outro cambio que propoño é cambiar Categoría:Farmacia por categoría Categoría:Farmacoloxía, máis coherente coas categorías irmás, e pasar Categoría:Plantas medicinais a colgar desta Categoría:Farmacoloxía.

Espero opinións e suxesións. Fixádevos en que a categoría:Medicina é bastante confusa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:37, 25 setembro 2008 (UTC)