Conversa categoría:Estados da Idade Contemporánea

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estados desaparecidos?[editar a fonte]

@O Breixo: non entendo esta categoría, incluída dentro de Categoría:Estados desaparecidos, e ligada cunha portuguesa, que aparentemente é unha cousa distinta. Poderías iluminarme un pouquiño? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2024 ás 22:55 (UTC)[responder]

Boas @HombreDHojalata
Quería facer unhas categorías para agrupar os "estados" por idades. Polo momento metinos dentro de "Estados desaparecidos" xa que tecnicamente é correcto, os de Idade Antiga e Medieval están feitos en outras wikis e ligalos en wikidata non foi problema, o tema foi cando fixen os de Idade Moderna e Contemporánea, que non están en outras wikis, polo que liguei coa categoría en portugués "Categoria:Estados extintos da Idade X" que atopei. Non sei se fixen ben...
Categoría:Estados da Idade Antiga
Categoría:Estados da Idade Media
Categoría:Estados da Idade Moderna
Categoría:Estados da Idade Contemporánea
Nesta última comecei a meter países que non son desaparecidos xa que a pesar de que non cambiou o nome si que cambiaron a forma de goberno etc, pero quitareinos e farei un acceso directo á Categoría:Países simplemente. Non sei sabes mellor como encaixar estas categorías, ou simplemente poñer os da Idade Contemporánea fóra de "Estados desaparecidos" e facer unha categoría xeral de "Estados" ou algo semellante.
Saúdos O Breixo (conversa) 24 de xaneiro de 2024 ás 01:09 (UTC)[responder]