Conversa categoría:Beatos do catolicismo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Beatos católicos[editar a fonte]

Hai beatos que non sexan católicos?--. HombreDHojalata.conversa 15:53, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Os ortodoxos recoñecen beatos. Non no mesmo sentido que os católicos (non como unha etapa do proceso de canonización), pero sí. --Norrin (Fálame) 22 de febreiro de 2018 ás 16:52 (UTC)[responder]
En tal caso, para nomear a categoría non sería máis natural: Categoría:Beatos católicos ou ''Categoría:Beatos do catolicismo que Categoría:Beatos (Catolicismo)?
E, con todo, "Catolicismo" non tería que ir en minúscula?: Categoría:Beatos (catolicismo) --. HombreDHojalata.conversa 22 de febreiro de 2018 ás 23:18 (UTC)[responder]
Boas, HombreDHojalata... eu penso que sí que habería que facer algo con isto... O problema é que ten un alcance maior. Polo de agora penso que as categorías deberían ser algo así:
  1. Venerados polo cristianismo
    1. Venerados pola Igrexa católica
      1. Santos para a Igrexa católica / na Igrexa católica
      2. Beatos para a Igrexa católica / na Igrexa católica
    2. Venerados pola Igrexa ortodoxa
      1. Santos para a Igrexa ortodoxa / na Igrexa ortodoxa
      2. Beatos para a Igrexa ortodoxa / na Igrexa ortodoxa
  2. Venerados polo islam
  3. Venerados polo xudaísmo? (aquí descoñezo, a verdade)

Porén, penso que isto cómpre maduralo un pouco... No sistema de clasificación actual hai duplicidades. Coido que habería que darlle unha volta mais a solución non é sinxela. Porque tamén o sistema actual dificulta clasificar por procedencia, por exemplo. Pero mesturar tampouco é solución... non sei.. qué propós? --Norrin (Fálame) 23 de febreiro de 2018 ás 15:12 (UTC)[responder]

Pois propoño ... que lle metas man, seguindo o teu propio criterio, pois quizais sexas o editor máis cualificado para esta tarefa nesta temática. --. HombreDHojalata.conversa 25 de febreiro de 2018 ás 20:51 (UTC)[responder]