Saltar ao contido

Conversa categoría:Actores

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creo que se fan necesarias as categorías de actores e actrices por medio (teatro, cine, televisión) e a de actores e actrices de voz (onde se inclúen os de dobraxe e os de radio que irían mellor aquí que en medio). Outras categorías a considerar son as de actores e actrices infantís, intérpretes animais, actores de ficción, mimos, e non sei se me queda algunha. Achegade a vosa opinión para saber se é preciso crealas.--Cheluco 21:49, 21 de setembro de 2010 (UTC)

Se houbera concordancia co de crear categoría por medio os actores e actrices deberían caer baixo a categoría de personalidades da arte, que é o que son por outra banda.--Cheluco 21:56, 21 de setembro de 2010 (UTC)
Ninguén opinou, entón asumo que as miñas consideracións son correctas.--Cheluco 13:51, 22 de setembro de 2010 (UTC)
  • Pola miña banda, eu estou de acordo coas novas clasificacións. Non obstante, nunca me gustou esa denominación de actores e actrices; non quixera pecar de machista, pero con Categoría:Actores é máis que suficiente, senón debéramos cambiar outras moitas categorías. Non? --Toliño Fala aquí comigo 17:07, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Un exemplo: todas as subcategorías que colgan da Categoría:Personalidades; e dentro de cada unha todas as que colgan e así sucesivamente. --Toliño Fala aquí comigo 17:10, 22 de setembro de 2010 (UTC)

Concordo totalmente, pero creo que hai distintas sensibilidades sobre este tema, non estaría mal procurar ter un consenso máis ou menos amplo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:32, 22 de setembro de 2010 (UTC)

Xa contaba eu con que houbese "distintas sensibilidades" como di Xoacas, pero cómpre unificar criterios. --Toliño Fala aquí comigo 17:47, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Eu tan só seguín os criterios que había, agora ben penso que no caso desta categoría si que se poderían crear categorías separadas para actores e actrices, en calquera outra profesión o que fai un home pódeo facer unha muller e o que fai unha muller pódeo facer un home, pero un actor non pode facer o papel dunha actriz nin unha actriz non pode facer o papel dun actor, están condicionais polo seu xénero á hora de interpretar papeis de homes ou mulleres, agás algúns casos especiais que sempre hai ou historicamente (ou en determinados casos actuais) nos que os homes facían todos os papeis incluídos os de mulleres.--Cheluco 18:40, 22 de setembro de 2010 (UTC)

E non será moito enguedellar? Precisamente estamos falando de que os títulos dalgunhas categorías son un pouco excesivos e conviría simplificar o convenio de denominación. É certo que as mulleres sempre fan papeis de mulleres e os homes papeis de homes, pero tampouco Mickey Rooney fixo nunca de superheroe, imos categorizar actores altos por unha banda e baixos por outra. Ademais xa me está sobrando un pouco esta taxonomía masculino/feminino, eu xa teño dúbidas de onde irían categorizadas Bibi Andersen ou Antonia San Juan, por exemplo, se lles dese por dobrar algunha vez: serían actrices de teatro e actores de dobraxe ao mesmo tempo? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:45, 22 de setembro de 2010 (UTC)

Entón ao final como queda a categoría, actores para todos con independencia do xénero, por min non hai problema, o importante é chegar a algo definitivo.--Cheluco 11:01, 9 de outubro de 2010 (UTC)

Para algo definitivo está ben ese criterio: actores e punto. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:00, 9 de outubro de 2010 (UTC)

O traballo de mover todos os artigos dá un choio tremendo, haberá que facelo aos poucos para non cansar.--Cheluco 13:43, 10 de outubro de 2010 (UTC)