Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Proxecto5000

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Talvez sexa mellor unha aproximación diferente ao procedemento: marcar todos os artigos do Proxecto5000 cos catro marcadores {G1}...{G4} e, cando un destes niveis estexa rematado retirar o marcador correspondente. O motivo é que así sábese exactamente o que fai falta (talvez non a todos lles fagan falta todas estas revisións) e ue non todo o mundo sexa capaz de levar a cabo todas as modificacións dun nivel (alguén teria que comprobalas, non?). Desta maneira, sábese que a tal artigo lle fai falta unha modificación de tal tipo, pero cando estexa rematada elimínase. Porque non é que de 1 se pase a 2 e despois a 3 - ás veces a fase 4 pódese facer facilmente e as outras non. Xosé (✉) 22:41, 7 febreiro 2006 (UTC)
  • A Postura de Xosé ten sentido, e engado algunha cousa máis. Por un lado deixa que Prevert remate a exposición do Proxecto5000; por outra (nesto ten boa razón Xosé) teremos que ver que artigos lle fan faia os marcadores e, asimesmo, valorar que marcador se lle ha de meter. Logo fai faia a revisión de xente que teña bos coñecementos dos temas (non todos somos apropiados, e as fontes poden variar segundo revise cada quen), polo que as veces penso que é a pescadilla que se morde a cola. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:55, 7 febreiro 2006 (UTC)
  • En primeiro lugar quero desculparme por non ter rematado antes o Proxecto5000, diversas complicacións retrasaronme. En canto ao que di Xosé estou completamente de acordo, de feito esa era a idea que tiña pero aínda non cheguei a completar o texto (a única diferenza sería non engadir un marcador de nivel ata que o primeiro colaborador comezara a utilizalo), incluso estou pensando en que é importante colocar como parámetro do marcador o nome das persoas que están revisando o artigo. É unha información útil, exemplo {{G1|Xelo2004|Prevert}} {{G2|Xosé}}. Con respecto a considerar rematada a revisión do artigo para adxudicarlle o nivel 4 supoño co mellor é o acordo dos compoñentes do wikiproxecto nunha das subpáxinas que teñamos para facer o seguimento (neste caso como requisito previo podemos determinar un número mínimo de colabodares que teñan revisado o artigo, variable segundo a complexidade deste). Sobre o que di Xelo2004 penso que xa que se trata dunha revisión exhaustiva creo co marcador hai que poñelo en todos os artigos dos grupos considerados (incluso en artigos de calidade como poidan ser algúns das efemérides e outros). Unha cousa que queria propoñer é que naqueles artigos nos que un dos colaboradores teña traballado máis parece preferible que a revisión a fagan os compañeiros para conseguir que entre todos non se nos pase nada. Como sinala ben Xelo2004 en certos artigos é fundamental o coñecemento en profundidade sobre a materia tratada, mentres noutros o proceso de revisión non require esa cualidade. Polo tanto nalgún caso concreto pode ocorrir que ningún de nós estea cualificado para certificar co artigo garante os parámetros de calidade establecidos, confio en que sexan casos excepcionais ou non cheguen a producirse. A proposta está sen rematar pero calquera cousa que creades que se deba incorporar non tedes máis que sinalala aquí. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:50, 8 febreiro 2006 (UTC)