Conversa Wikipedia:Política de bloqueo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nova política[editar a fonte]

Ben, esta política era algo que estabamos consensuando por correo electrónico os administradores hai un ano. Desde entón ata o de agora non avanzaramos nada. Hoxe retomei a redacción e deille algún xiro máis segundo algúns comentarios que aínda non se tomaran en conta. Agora é momento de que a comunidade vaia opinando sobre ela e dar os seus puntos de vista para acabar de perfilala e convertela en oficial se se chegase a aprobar en votación.

En calquera caso, a pretensión desta política é recoller por escrito algo que na práctica se vén facendo "sen nada en que apoiarse". --Toliño Fala aquí comigo 15:38, 9 de setembro de 2010 (UTC)

En xeneral estou de acordo con todo o texto. Só podo poñer unha obxección: resúltame estraño que se fale sempre do bloqueo dun usuario como dun privilexio dos administradores. Digamos que un administrador pode decidir se bloquea a un usuario, pero no mesmo caso pode decidir tamén non bloquealo. Tal e como está definido, o bloqueo é potestativo e facultativo, e a min gustaríame que o fose o menos posible. Sei que é un tema polémico e difícil de resolver, pero isto melloraría se o debatésemos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:14, 1 de outubro de 2010 (UTC)

En ningún caso quixen darlle ese ton. Pero, sendo realistas, para o software o bloqueo é un privilexio, ou ás veces tamén denominado dereito, que teñen os administradores. Como digo, é privilexio en canto a que os usuarios cun nivel de acceso "menor" (non se tome a mal) non poden realizar bloqueos. En calquera caso, como se di na mesma introdución: Os bloqueos úsanse para evitar danos, non para castigar aos usuarios; algo do que xa se falou entre os administradores cando lles pasei as primeiras versións da política foi que a redacción debera deixar unha ampla marxe de manobra a aquel que execute o bloqueo, sen se ter que cinguir demasiado ao que hai por escrito e así deixar máis espazo ao sentido común.
Pero, Xoacas, se queres indicar as partes nas que pensas que o texto fala de privilexios, encantado de seguir coa conversa. --Toliño Fala aquí comigo 15:14, 2 de outubro de 2010 (UTC)

Pois imos logo coa polémica: todo o texto (co que estou esencialmente de acordo) fala de aqueles casos nos que o administrador pode bloquear a un usuario, pero non di en que casos o administrador ten que bloquear a un usuario. Por resumir: segundo esta redacción eu podo solicitar que un usuario sexa bloqueado, pero non podo esixilo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:22, 2 de outubro de 2010 (UTC)

Claro, comprendo o que dis. Aínda así, reitero o dito: como non podemos plasmar todas as situacións posibles que se poidan castigar, cómpre dar unha idea xeral do que pode ser punible. Fixándose na versión inglesa, son máis as veces que atopamos may ca must. --Toliño Fala aquí comigo 12:29, 3 de outubro de 2010 (UTC)
Discusión Purgada ::
Hola.
https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Usuario_discusi%C3%B3n:WndJo&action=history
La propia página de discusión del usuario está destrozada, el usuario ha estado bajo un ataque persistente, bloqueado completamente: el no puede editar su propia página de discusión.
Wikipedia:Política_de_bloqueo#Bloqueo_intencionado
Por favor, vea qué estaban borrando exactamente en su propia página de discusión. Por favor, vea sus calumies sin enlaces.
No se trata de los errores del usuario: simplemente se callan, ignorando todo lo que dijo sobre la precisión de las citas.
Gracias por su atención 213.252.69.138 8 de decembro de 2019 ás 18:25 (UTC)[responder]