Conversa Wikipedia:Palabras a evitar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Outras suxerencias: "ultra-", "pseudo-", "estremo", etc. PD: É unha proposta de política? --Norrin (Fálame) 10 de maio de 2014 ás 10:59 (UTC)[responder]

Non entendo a suxestión, hai teorías pseudocientíficas e así figuran en obras de referencia, cal é a razón para evitala e que se ha poñer logo?--Sernostri (conversa) 10 de maio de 2014 ás 11:13 (UTC)[responder]
Todo ten (pode ter) un uso adecuado, mais entendo que é unha palabra moi susceptible de sufrir "abusos". --Norrin (Fálame) 10 de maio de 2014 ás 11:16 (UTC)[responder]
Todo pode sufrir abuso e nese caso o que habería é que corrixilo pero non prohibir utilizar unha palabra, non entendo, o que non se pode é agachar a realidade, se as referencias din o nazismo foi unha organización política de extrema dereita non se pode agachar a realidade e utilizar eufemismos.--Sernostri (conversa) 10 de maio de 2014 ás 11:21 (UTC)[responder]

Discrepo profundamente con esta recomendación que espero que nunca, nunca se aproxime a unha política. Coartar a redacción, o uso de determinadas palabras, porque "poden" ser malinterpretadas é un grave erro. Primeiro porque esas palabras están nun contexto que evitan -deben evitar- ese problema de interpretación; segundo, porque se a redacción resulta ofensiva, inexacta, confusa, non neutral, ou o que queirades evitar con esta recomendación, o que cómpre facer é cambiar esa redacción e construír unha frase que sexa intelixible, veraz e neutral. Hai, evidentemente, expresións que eu nunca utilizaría, pero non por iso se poden proscribir nin desaconsellar; tamén as hai que eu utilizo e quero seguir utilizando sen cortapisas (a non ser que se me demostre que a frase que constrúa sexa incorrecta). Por outra banda, de ser necesaria esta "recomendación", debería formar parte do Libro de Estilo, e non ir por libre. Pedro, --Lameiro (conversa) 10 de maio de 2014 ás 13:45 (UTC)[responder]