Conversa Wikipedia:Modelo de entrada de ano

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Se este é un Modelo, o seu nome deberia ir precedido de Wikipedia:. Tal e como está é unha entrada máis da parte enciclopédica e non parte do espazo de nomes Wikipedia, que seria o seu lugar. Existe, ademáis, outro modelo distinto: Wikipedia:Modelo para ano. Hai que aclarar esta situación, dar-lle un formato máis definitivo ao modelo escollido (non hai moitas diferenzas, realmente) e evitar estar metendo datos nun anticuado. Xosé (✉) 08:59, 4 novembro 2005 (UTC)
  • Supoño que a mellor solución será marcalos para fusionar. En realidade como dis non son moi diferentes, a posición de ano anterior e ano seguinte que debe ir arriba e o marcador que engadiu Robin. Tamén a categoría na que habería que incluir a clasificación en século. É mellor combinalos para que non se perda o historial de edicións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:41, 4 novembro 2005 (UTC)
  • Unha cuestión respecto do modelo: igual é unha parvada, pero o epígrafe de Mortes..., a palabra parece pouco formal para unha enciclopedia. Non quedaría mellor Finados (opción máis galega), Falecementos (wikipedias portuguesa e española) ou Defuncións?, non sei xa digo que igual é unha percepción parva, non é que o pensara moito. Saúdos --Nanotrasno 15:19, 1 decembro 2005 (UTC)