Conversa:Xosé Gil Gil

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Entre este artigo e o de José Gil y Gil hai unha diferenza sobre o momento no que se asenta en Vigo, aquí afírmase que foi en 1905 mentres en José Gil y Gil di que foi en 1903, como a Galipedia non é unha fonte primaria consultei na rede e apareceu unha páxina do Consello da Cultura Galega afirmando que se estableceu en 1903 polo que en principio hai que dar validez a esta data [1]. --Alex 16:49, 30 xullo 2007 (UTC)

Xosé Gil y Gil[editar a fonte]

O seu nome era Xosé, a unica documentación ao respecto que podo aportar é o nome da rúa en Vigo. Os nomes das rúas en Vigo, non se "galegizan" nin "españolizan" figuran como tal e punto. Temos moitos exemplos: Avda. de Sanjurjo Vadia, Rua Marques de Valladares (lembremos que o topónimo oficiale é "Valadares", etc...

O nome Jose foi unha españolización do seu verdadeiro nome.

  • Non creo que o nome dunha rúa sexa un argumento moi válido.--Alex 16:30, 31 xullo 2007 (UTC)
  • Con todo, e recoñecendo a febledade do argumento, tampouco aportamos ningún do contrario.--GzS 16:49, 2 agosto 2007 (UTC)
O argumento contrario está xa aportado por Alex na ligazón que el mesmo inclúe no seu primeiro comentario:o Consello da Cultura Galega fala de José Gil, e non atopei ningún Xosé na rede. O razoamento chamábase Xosé porque a rúa se chama así lévanos a admitir Orense, Ginzo de Limia e outras cousas igual de graciosas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:52, 23 de xullo de 2010 (UTC)

Ourense (1899-1904), polo menos[editar a fonte]

Falta por engadir os anos nos que Xosé Gil traballou como fotógrafo en Ourense. A referencia de prensa máis antiga que atopei indica que xa en outubro de 1899 tiña o seu taller na cidade das Burgas. Por outra banda, no Arquivo Municipal de Ourense encontrei un expediente con data de marzo de 1904 no que Xosé Gil denuncia as malas condicións hixiénicas da rúa do Progreso, onde traballaba. Polo tanto hai que corrixir a data de 1903 como a da súa chegada a Vigo. En marzo de 1904 aínda estaba en Ourense. Eu aposto máis pola de 1905.

  • Se podes poñer eses datos e integrar a información que aparece en José Gil y Gil o artigo quedaría moito máis completo.--André 18:35, 24 agosto 2007 (UTC)