Conversa:Xénero gramatical

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

esta redación é confusa:

"Algunhas linguas caucásicas teñen entre catro e oito e a maior parte das bantús entre dez e vinte"

pois, se ben é certo que se pode identificar (máis ou menos) o sistema gramatical denominado xénero coas clases nominais de certas linguas como as bantús, é falso afirmar ou deixar entender que -se ben o xénero gramatical se pode identificar coas clases- as clases se podan identificar cos xéneros. noutras palbras, aquí deixase entender que hai linguas con até vinte xéneros, cousa que non é certa porque non coincide o conceito máis amplo de clase co conceito máis restinxido de xénero.


  • Coincido coa observación anterior, pero non vexo outro xeito de amañalo có borrado desa secuencia.
  • Dise ademais, xusto antes, que as linguas románicas teñen entre un e tres xéneros. Conviría que quen coñeza unha lingua románica cun só xénero (supoño que sen flexión de xénero) que a poña como exemplo; eu non coñezo ningunha. Hai algunha?--Lmbuga 23:03, 8 marzo 2006 (UTC)