Conversa:Vilasante, Cervantes

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Esta nomeada parroquia está formada polos nucleos de poboación de Vilasante, Vilar de Cucos, Pontorrón e O Fabal. Neste último lugar existe un importante patrimonio histórico; un castro denominado "Castro da Penatallada",situado na finca "Reboleira dos Señores ou Reboleira da Penatallada e Santa Catalina" dotado de murallas e fosos en todo o seu contorno e con un impoñente corte na pena que lle da nome e mailas ruinas da Capela de Santa Catalina coa que se cristianizou o castro. Tamén existe neste lugar do Fabal un antiguo pazo do século XVI coas súas reformas posteriores denominado "Pazo dos Señores do Fabal" fundado polos Santín de Neira, Vazquez de Neira Luaces Canceladas (fundadores do Vinculo) Saco, Quiroga de Villaver y Témez, Quindós Cedrón Ulloa Santiso, Ossorio de Albaredo Balboa Llamas e outros, e mais a súa Capela de San Bartolomé do ano de 1726 e panteón da familia.Desta familia saíron importantes e ilustres persoaxes en tódolos tempos,entre eles un dos mais grandes xesuitas españois do século XVIII o Pai Xesuita S.J. Don Joshef de Quiroga y Méndez de Navia, (don José de Quiroga y Méndez) nado no Pazo do Fabal e morto na cidadade italiana de Bolonia despois da expulsión dos xesuitas.Importante Mariño,o mellor Cartógrafo español da súa época, Explorador, Matemático, Escritor, etc... A súa valiosísima obra está na Biblioteca Nacional de Madrid, no Real Archivo de Simancas, no Real Archivo de Indias de Sevilla, na Biblioteca Británica, en Bolonia, en América etc. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.83.155 (conversacontribucións) 25 de xaneiro de 2007 ás 22:12