Conversa:Vexetación de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Creo que lle iría moito mellor un título como bosque de ribeira. Pedro --Lameiro (conversa) 00:34, 6 xaneiro 2010 (UTC)

A vexetación de ribeira non ten por que formar bosque, aínda que no artigo as plantas que se citan son árbores que si forman bosques. Eu mantería o nome actual en previsión de que se puidera amplia-lo artigo con máis contido. --Alberte Si, dígame? 17:01, 6 xaneiro 2010 (UTC)
Todo río ten vexetación nas beiras, está claro, sen que iso teña ningún valor especial. É cando esa vexetación se constitúa nun bosque de ribeira cando constitúe un ecosistema específico, formado non só polas árbores típicas de ribeira senón tamén por plantas características dese ecosistema (porque que só medran nesas condicións de humidade e penumbra) e pola fauna asociada (que tamén sé é quen de sobrevivir nesas condicións). Por iso creo que aquí non falamos de que haxa plantas ou non senón de que ese ecosistema é algo particular e valiosísimo. Ata que chega o alcalde e fai un paseo fluvial para os turistas e pescadores de cana; ou o goberno de turno que tala esas árbores e desbroza as beiras para amplia-lo caudal pretendendo acabar coas enchentes: entón teremos un río axardinado, pero non un bosque de ribeira. Pedro --Lameiro (conversa) 17:14, 6 xaneiro 2010 (UTC)
    • O artigo non describe a vexetación propia dos bosques de ribeira senón as árbores máis ou menos comúns, máis ou menos autóctonas de Galicia: "A vexetación de ribeira posúe unha flora moi heteroxénea entre a que se atopan carballos, abeleiras, bidueiros, sobreiras, aciñeiras, salgueiros, loureiros ou érbedos". Destas oito especies, só os salgueiros (e polos pelos, os bidueiros) son árbores de ribeira. Pedro --Lameiro (conversa) 00:19, 17 xaneiro 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (maio 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vexetación de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de maio de 2019 ás 04:55 (UTC)[responder]