Saltar ao contido

Conversa:USC

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Creo que deberíamos tranformar isto nunha páxina de homónimos. "USC" son as siglas de moitas cousas, non só da Universidade. --Norrin (Fálame) 8 de maio de 2014 ás 09:10 (UTC)[responder]

Efectivamente USC pode significar moitas cousas, pero en galego USC son siglas moi consolidadas, de amplo uso en todo tipo de rexistros, para se referir a unha soa cousa: Universidade de Santiago de Compostela, realmente dicimos USC para nos referir a outra cousa, salvante casos individuais, non, ou dicimos USC para referirnos á Unión Socialista de Cataluña, á Universidade do Sur de California, á Universidade de Santiago de Cali, á Policía Especial do Ulster, á Universidade do Sagrado Corazón, ao Uberaba Sport Club, ao Código dos Estados Unidos, pois non. Logo non vexo a razón de transformar a páxina en páxina de homónimos, para casos así creo que é preciso USC (homónimos), se houbese varios conceptos de amplo uso con USC ou fosen unhas siglas de escaso uso ben, pero non é o caso.--Sernostri (conversa) 8 de maio de 2014 ás 17:57 (UTC)[responder]