Conversa:Trastornos da linguaxe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Un estilo das enciclopedias e dicionarios de papel dos que nunca gostei foi o motivado pola necesidade de ordenar alfabeticamente todas as entradas. Hoxe en día non é preciso porque a busca alfabética substitúese polas ligazóns de hipertexto.

Por iso eu non usaría un cabezallo como Linguaxe, trastornos da; e menos no medio do texto outros como este: (VER linguaxe nos alienados, modificacións da), senón que deixaría Trastornos da linguaxe e (VER modificacións da linguaxe nos alienados). Na miña opnión, deste xeito a lectura é moito máis fluída, o estilo menos enrevesado e, porén, as ligazóns mantéñense.

Non o modifiquei porque tamén penso que talvez algunha vez haberá que incluir notas de estilo deste tipo na páxina sobre como elaborar artigos na wikipedia. Que che parece? Xosé(Falarlle) 18:25, 15 Mar 2005 (UTC)