Conversa:Toxina

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ola. Paréceme que é un pouco redundante indicar que as toxinas son producidas "por células de organismos vivos". Ao ser organismos vivos, xa se sobreentende que están formados por células. Ademais, os virus poden producir toxinas, e estos axentes infecciosos non están formados por células, polo que talvez sería mellor simplificar e eliminar "células de".

Dentro do apartado de Toxinas ambientais, estanse incluindo biotoxinas como si foran toxinas ambientais. Esta sección ven dunha tradución da páxina inglesa, pero é incorrecto. Como se indica na páxina, o termo "toxina ambiental" fai referencia realmente a contaminantes, pero non so a aqueles derivados de procesos industriais (humanos), senon tamén a naturais (por exemplo, os contaminantes producidos polo vulcanismo), polo que o adxectivo "sintético" e a frase a continuación non me parecen precisas. A única definición que atopei do termo "toxina ambiental" foi na Encyclopedia of Public Health: Volume 1: A - H Volume 2: I - Z (Wilhelm Kirch - Springer Science & Business Media, 2008) e indica que a maioría son de orixe humana, pero que tamén as hai de orixe natural. --EkdnEnmscrd (conversa) 6 de xullo de 2017 ás 10:02 (UTC)[responder]