Conversa:Toupa europea

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O bicho da imaxe non é unha toupa senón un musgaño (en castelán: desmán de los Pirineos). ¿Onde se viu unha toupa con tamaño rabo? Pedro --Lameiro 21:20, 6 outubro 2007 (UTC)

  • Non teño nin idea de toupas (pero haber hainas, jeje): eu limiteime a correxir un erro sintáctico que facia que non se vira a imaxe que XA estaba posta. Vin que coincidia coa da wiki.en asi que o din por válido. Cámbiaa pola que vexas.---- Maañón (boura, boura) 21:41, 6 outubro 2007 (UTC)
    • Velaquí un exemplo da necesidade (ou conveniencia) de utiliza-los nomes científicos nos títulos dos artigos. Non sei o que dirá a páxina homónima inglesa, pero así por riba parece que fala dos Talpidae, unha familia de micromamíferos que inclúe a coñecida toupa (polo que vexo só coñecéde-las toupeiras). Ben. Alguén traduciu o artigo ó galego e engadiu a descrición da nosa toupa, como reza o título do artigo, aínda que logo remata coa clasificación da familia. E acabo de ver agora que o erro culmina co nome científico que vén no template de taxonomía: Larus ridibundus é a (¿coñecida?) gaivota chorona. Vamos: o record da verificabilidade.
    • Ó que vamos: ou facemos un artigo sobre os Talpidae, así, xenérico; ou facémolo sobre a toupa (Talpa europaea). Ou facemos dous, mellor. Pero estas mesturas, non.
    • Para Maañón: na wikipedia inglesa tamén podes ver 3 fotografías da toupa. A ver se estas imaxes están en Commons e podo substituíla.
    • Pedro --Lameiro 22:13, 6 outubro 2007 (UTC)
    • Pedro: Non me contes de fotos pois eu non sei cal é a toupa nin a Talpidae. Borrei a corrección que fixera, asi sallo deste asunto, senon ao final alguen me culparia de correxir un erro sintactico. ---- Maañón (boura, boura) 22:27, 6 outubro 2007 (UTC)
Non podo decir si hai problema co titulo e co contido, deixo eso para Lameiro e outros usuarios que saiban desto, só que concordo con Lameiro no que di da claridade que permite o de por nome cientifico (e logo podense ter #REDIRECCIÓN[[]]). Hai problema cos interwikis , os actuaís van co artigo Tálpidos ou Talpidae (para mín a #REDIRECCIÓN[[]] estaria mellor no sentido contrario). Vounos corrixir co artigo de WPFR. ElviraConversa comigo 12:42, 20 xullo 2009 (UTC)