Conversa:Samsagaz Gamllí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

As notas habituais:

  • Por desgraza Edicións Xerais de Galicia tivo a feliz idea de non traducir os Apéndices d'O Regreso do Rei ao galego, co cal os seguintes nomes de fillos de Sam non contan con tradución oficial: Hamfast, Daisy, Primrose, Bilbo, Ruby, Robin, e Tolman. Hamfast era tamén o nome do pai de Sam, que si esta traducido, como Hamveloz, e Bilbo por razóns obvias, non supón un problema. Daisy e Ruby teñen unha tradución moi sinxela. Os problemas son Robin (en inglés Paporrubio), Primrose (a flor Prímula ou Primavera) e Tolman (sen significado aparente). Para a miña proposta de tradución seguín un pouco o feito na versión portuguesa.
  • Omitín a sección de creación do personaxe e os comentarios de Tolkien, non por preguiza, senón porque nela explícase a orixe do nome inglés Samwise Gamgee, e está chea de referencias culturais do Reino Unido e explicacións etimolóxicas que precisarían dunha inxente cantidade de clarexamentos en galego.

Un saúdo. --Manudosde 12:25, 9 xaneiro 2008 (UTC)