Conversa:Ronquillo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A voz principal deste instrumento é a de "chión", sendo tamén : "pieiro", "pitón" e "grileiro", todas estas acepcións referidas ao seu son agudo.

É un erro, pois, denominalo "chillón" que é unha acepción tomada do castelán pola proximidade fonética e semántica.

Chiar : v.i. Producir [algo ou alguén] sons fortes e agudos. (Diccionario da Real Academia Galega).

Outras acepcións como "ronquete", "ronquillo" ou "ronquín" son ambiguas xa que logo poden designar tamén a outro instrumento pedal da gaita, de maior lonxitide e afinado unha oitava baixa da tónica do punteiro.

Na opción de dotar a este instrumento de pallón, sendo o seu son máis suave e grave, débe manterse na dominante, unha oitava por baixo. O Afinamento na tónica, na mesma altura do punteiro, resulta redundante e distorsionará en disonancia coa sensible

idoneidade da denominación[editar a fonte]

Concordo coa IP. A terminación -illo faime sospeitar que non sexa autenticamente galega (por moito que se use) e que sexa preferible usar chión, chillón ou pión xa que hai alternativa. Xa que a IP presenta argumentos (que hai que comprobar porque eu non sei do tema e non hai máis opinións) contra chillón e pión é unha partícula atómica, propoño movelo a chión. -- Sobreira (parlez) 14:26, 16 decembro 2007 (UTC)