Conversa:República Federal da Illa de Arousa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Na miña opinión habería que cambiar o nome do artigo a "República da Illa de Arousa" ou "Independencia da Illa de Arousa". Así como se entende que o novo réxime sería unha república, o adxectivo "federal" non aporta nada, e parece estar sacado do blog pandulleiros.

Ademáis, o devandito blog parece que saca a información do libro Historia da Illa de Arousa, de Xoan Dopico e Xosé Lois Vila; polo que habería que confirmar se a información é certa e citar directamente o libro. --Sr71 (conversa) 8 de outubro de 2014 ás 20:40 (UTC)[responder]

Nesta páxina hai unha noticia do Diario de Pontevedra de 2010 onde se emprega o nome de "Estado Federal da Illa de Arousa": Estado Federal de A Illa de Arousa
Por outra parte, tamén encontrei unha noticia de 1934 sacada de La Zarpa onde se da conta do sucedido, por se serve para completar o artigo, e na que entre otras cousas se di que na illa "ondeaba la bandera roja" (¿sería a bandeira do estado?): En la Isla de Arosa se proclamó el comunismo libertario. —Oxoan (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 22:47 (UTC)[responder]
Teño que dicir que non houbo Estado: horas antes os da taberna estiveran nunha asemblea do Partido Socialista para apoiar aos mineiros (era a revolución de outubro), e loxicamente a bandeira que levaban era a vermella, a do PSOE.--HacheDous=0 (conversa) 8 de febreiro de 2023 ás 16:01 (UTC)[responder]

O que se di nas propias referencias:"Durante el encuentro en la taberna, uno de los participantes no dudó en hacer la reflexión de que "si Lluis Companys proclamó el Estado catalán dentro de la República Federal Española, porque no proclamar también el de Illa de Arousa", estando como estaba el pequeño municipio abandonado tanto por el Concello de Vilanova como del Estado español. La propuesta fue aceptada de inmediato por los presentes, y apuntados en un papel de estraza, fueron nombrados Santiago Otero Pouso "Pajares", como presidente, Manuel Iglesias Dios como ministro de Gobernación y Demetrio Ramos Lojo como titular de Hacienda entre otros"

Foi un episodio tabernario como se eu e os veciños da miña parroquia imos ao bar e nunha noite de esmorga proclamamos a independencia de Río de Arriba e Río de Abaixo. Realmente hai referencias deste episodio en obras de historia?. Agora entendo as aspas de Dionisio Pereira.--HacheDous=0 (conversa) 8 de febreiro de 2023 ás 15:51 (UTC)[responder]
As referencias que se dan no artigo trátano como un evento tabernario que tiña máis que ver cos efluvios vitivinícolas que con politica. Sobran os comentarios da miña parte, e logo poñemos categoría de estados desaparecidos... non podemos enganar a xente --HacheDous=0 (conversa) 8 de febreiro de 2023 ás 16:24 (UTC)[responder]