Conversa:Relación sexual humana

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Dende o meu punto de vista o apartado Tipos, creado por Usuario:Votasobononfagasobobo ó comezo mesmo do artigo, é só un catálogo de posibles prácticas sexuais reflectido aquí polo sistema de "o que se me vai ocorrendo", sen máis. Vou deixar un par de días antes de retiralo, por se alguén ten algo que obxectar. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:03, 14 de xaneiro de 2011 (UTC)

Untitled2[editar a fonte]

"O coito ... é a cópula ou unión sexual entre dous individuos de distinto ou do mesmo sexo, da mesma ou diferente especie animal". ¿Seguros? ¿En que fonte se basea esta definición? ¿Non se estará confundindo coito=cópula con penetración? Para estes matices non nos serven os dicionarios habituais, pois tratan estes termos de puntillas e non se mollan, non sei se porque asumen que é un acto entre macho e femia dunha mesma especie (e imaxinar outras posibilidades resulta inimaxinable) ou se é porque asumen esa equivalencia que fixen antes e se aplica a calquera posibilidade. O caso é que se xa me costa ve-lo coito anal dentro deste artigo non vos imaxinades cando vexo que tamén se inclúe o sexo oral: ¿o sexo oral é unha forma de coito=cópula? Conste, claro, que falo de semántica, non doutros aspectos de todo isto. Pedro --Lameiro (conversa) 13:19, 13 de maio de 2010 (UTC)

Concordo contigo. A min o que máis me chamou a atención e o da "diferente especie animal", xa ves ti. Estou vendo que hai moito que arranxar neste tema. Canto traballiño dios nos da.... Xoacas(non te me poñas así) 13:22, 13 de maio de 2010 (UTC)


Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Relación sexual humana. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 9 de decembro de 2019 ás 21:31 (UTC)[responder]