Conversa:Rego do Aro, As Oiras, Alfoz

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coñezo O Rego do Aro, e os habitantes deste lugar e colindantes chámanlle desde sempre "O Rego do Aro". Outra cousa é que quen fixese o nomenclátor oficial non se fixase ben ou se lle pasase poñerlle o artigo. Destas faltas de artigos hainas a moreas (por exemplo nos carteis non é raro ver "Oiras", sen o artigo). Por tanto propoño actualizalo para "O Rego do Aro, As Oiras, Alfoz".Xoán Carlos Fraga (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 20:58 (UTC)[responder]

Mentres no nomenclátor veña Rego do Aro non se pode cambiar. Non podemos mudar os nomes ao noso gusto, os encargados de oficializar os topónimos son outros, non nós, e en última instancia é a eles a quen se deberían pedir explicacións sobre esa ou outra formas, a Galipedia só recolle a toponimia oficial, está fóra das nosas capacidades establecer a toponimia de Galicia.--HacheDous=0 (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 21:05 (UTC)[responder]