Conversa:Ramón Cabanillas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Visitas á páxina deste artigo nos últimos 30 días

Estatísticas detalladas de tráfico

Etapas[editar a fonte]

Boas. Preguntábame se podería engadir as etapas de Ramón Cabanillas, clasificando as súas obras nesas etapas, mais aínda non sei moi ben onde as metería. Ao mellor creando un novo apartado...?--Jackirtash 06:45, 10 decembro 2009 (UTC)

    • Pois adiante. Podes metelas no apartado Obras ou se che parece mellor crear unha sección específica para as Etapas da súa obra. Se precisas axuda, aqui estamos. Saúdos e ánimos para colaborar na Galipedia.--Xas (fálame) 11:05, 10 decembro 2009 (UTC)
    • Si, a verdade algo do estilo ===Etapas da súa obra===, dentro do apartado Obra estaría ben, e deixa-lo listado tal e como aparece agora para o final. Ti sé valente e edita o artigo, seguro que queda ben. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 14:42, 10 decembro 2009 (UTC)

Creo que xa está, aínda que un pouco incompleto. Se tedes algunha información, completádeo, por favor. Saúdos--Jackirtash 15:10, 10 decembro 2009 (UTC) Quedoume unha dúbida: en canto as referencias bibliográficas sobre a información añadida, non a tomei de ningún libro nin páxina web nin calquera dos outros casos: ao estar estudando 2º de Bacharelato, é parte da materia do meu exame e son apuntamentos non recollidos no libro de texto que fago neses casos?--Jackirtash 16:24, 10 decembro 2009 (UTC)

Subseccións[editar a fonte]

Desde a miña completa ignorancia poética, entendo que a poesía de Cabanillas se divide en lírica, modernista e narrativa. De ser así, quedaría mellor abrindo tres subseccións. Tal como está agora hai un problema de numeración e estrutura. Pedro --Lameiro (conversa) 18:46, 22 de decembro de 2010 (UTC)

Feito! Feito! Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:48, 22 de decembro de 2010 (UTC)