Conversa:Rada Suprema

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O título debería ir en galego (Consello), os nomes de institucións públicas tradúcense: Parlamento de XXX, Primeiro Ministro de YYYY, etc. --Norrin_strange (Fala-me) 6 de marzo de 2014 ás 14:45 (UTC)[responder]

Iso é a norma xeral, pero despois hai moitos casos nos que a tradición en moitas linguas é non traducir (ou traducir unha parte), sen ir máis lonxe, Bundestag. --Sernostri (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 14:51 (UTC)[responder]
Até onde sei, en galego non existe Rada e sí existe Consello. Se se deixa en ucraíno, pois en ucraíno, mais enteiro. Entendo eu que unha cousa é un uso periodístico e outra un uso enciclopédico, e convén non mesturar ambos. --Norrin_strange (Fala-me) 6 de marzo de 2014 ás 14:55 (UTC)[responder]
Tampouco existe Dáil Éireann en galego nin Generalitat e un caso de media tradución é Cámara dos Lords. E non quero dicir que Consello Supremo estea mal, pero penso que si é opinable.--Sernostri (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 15:07 (UTC)[responder]
Mais traballo que facer entón ;) Non, en serio, temos que definir unhas cantas políticas nos nomes dos artigos. --Norrin_strange (Fala-me) 6 de marzo de 2014 ás 15:09 (UTC)[responder]