Saltar ao contido

Conversa:Río Sarria

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Este artigo ten apartados non enciclopédicos, por exemplo todo o apartado O verdadeiro nome do río, redactado en primeira persoa con frases como: E por se algún listo de turno, Un xa está canso de ver campar a alleos en cousas que son da nosa propia casa, Un non comprende que dende instancias oficiais teñan tomado a teima de manter a irracionalidade, Como un non ten porque entrar en valorar ou xulgar as aberracións de outros.

Habería que facer unha gran peneira no artigo, eliminando todas as valoracións e opinións do autor do artigo (que non interesan os que consultan a Galipedia, que polo que lin non pode ser fonte primaria) e deixar a parte enciclopédica--Margoz 19:29, 5 febreiro 2007 (UTC)

Eliminei os comentarios, valoracións, opinións, e outras frases que non poden estar nunha enciclopedia (tal como estaban redactadas), non entro en se leva razón o autor xa que a Galipedia non é un foro nin un lugar para publicar traballos orixinais.--Margoz 20:39, 5 febreiro 2007 (UTC)

O único río coñecido co nome de Oribio é un pequeno afuinte da banda dereita do Lóuzara, co seu propio artigo: https://gl.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Oribio Sería de interés incluir información sobre a historia desa denominación que recebeu parte do río Sarria durante uns anos, non sendo xamáis a denominación oficial nin histórica. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Gradebo (conversacontribucións)