Conversa:Río Anllóns

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nacemento do río Anllóns[editar a fonte]

Como en case todos os ríos, determinar a fonte sempre é un tema complicado. O primeiro punto considerado Anllóns por todas as fontes é a xunta das cabeceiras baixo o Castro de Santa Baia, na Laracha. O Mapa Topográfico Nacional e o mapa da Xunta consideran a cabeceira dereita como Anllóns (nacendo no monte Xalo) e a esquerda como río Grande. O concello da Laracha considera a Fonte de Miguel Belido como nacemento do Anllóns. Cal é o criterio da Wikipedia para estos casos? Non creo que ó concello da Laracha lle falte razón xa que históricamente se debeu considerar a fonte de Miguel Belido como nacemento do Anllóns, reflíctese no trazado do límite do concello, e a cabeceira que nace alí é unha das máis longas, pero en cambio os cartógrafos están de acordo en que nace no Xalo. En xeral para os ríos podemos valorar os criterios e acordar cal é o máis válido ou determinar que a partires dun punto non hai un río principal e afluentes senón que todos son cabeceiras. --Iagocasabiell (conversa) 12 de outubro de 2016 ás 10:32 (UTC)[responder]

Que autor (ou autores) considera que nace na Fonte de Miguel Belido o río Anllóns, en internet tan só aparecen referencias, non moitas, a algúns autores sen citalos nunca, pero fóra dalgúns artigos xornalísticos ou algunha vaga referencia da consellería de pesca (que non creo que sexa unha autoridade para este caso) non atopo autor ningún que fale do seu nacemento alí. A referencia non me parece sostible tan como está agora. Aínda que é posible tal como se di enriba que tradicionalmente a xente consideraba, ou considera aínda, que nacía alí, pero tampouco aparecen referencias diso--HacheDous=0 (conversa) 12 de outubro de 2016 ás 11:38 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Río Anllóns. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 07:19 (UTC)[responder]