Conversa:Provinica Autónoma de Badaghxón Montañoso

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Aínda que agora o taxico sexa a lingua máis falada, as linguas orixinarias da rexión son as linguas pamir, que aínda se falan na zona.--Arco de Rayne 22:07, 18 agosto 2008 (UTC)

O Badaghxón Montañoso[editar a fonte]

Sen dúbida que as linguas que se falan nesta provincia son maioritariamente as linguas do Pamir. 1. A topografía é a oficial taxica. Esta topografía respeta os nomes topográficos dos distintos pobos iranios nun 90 por cento. Non ocorre así coa topografía usada polos rusos, que alteraban a propia fonética das linguas iranias. De atopar algún topónimo que non se corresponda coas linguas do Pamir, non dubides que o farei reflexar en calquera dos artigos sobre as linguas iranias e os países iranios. Por iso prefiro dicir Iristán e non Osetia, p.ex. 2. Badaghxán (transliterado do persa "Badaxshán") é coma se di en persa e incluso darí (no artigo "lingua darí", o cal estou a depurar, dexei escrito un cadro no cal se pode ver a evolución do sistema vocálico do diasistema persa, dende o persa antigo ao persa de hoxe, ao darí e os seus dialectos, e ao taxico). En taxico Badaghxán se converte co tempo en Badaghxón, sexa como for, o caso é que esa terminación é a que se usan nas distintas linguas pamires. (De contaminación lingüística en España sabemos moito, polo que non precisas de máis explicacións. Todas as linguas se contaxian ou "contaminan"). 3. "Montañoso": a) En Taxico "Kuhiston" quere dicir "Montañoso" ou se o prefires literalmente "País de Montañas",(ref.: Diccionario Taxico-Francés do Instituto Francés de Estudios sobre Asia Central, editorial Langues & Mondes L'Asiathèque 2003). (Si meu, os franceses crearon este Instituto no ano 1992 para dar a coñecer a súa cultura e ao mesmo tempo estudiar a cultura dos países de Asia Central. En España os únicos embaixadores de cultura son os montañeiros). En persa se dice "Kohistán". b) En ruso "Gorno" ven de "горны" (górni) que quere dicir "Montañoso" e "Alto", pero esta última aceptación só se aplica a cursos dun río e lagos, nunca con montañas. Normalmente en ruso para referirse a "alto" (elevado) en montañas usan o termo "нагорна" (nagorna), coma de exemplo a denominación en ruso de Alto Carabagh (Karabax) que é Nagorno-Karabax.

Amigo espero que isto sexa suficiente para que podas afirmar que o que espoño é certo. A Provincia que en tempos da URSS chamábase Gorno-Badaxshán é actualmente e como mandan as normas "Badaghxón Montañoso". Nota: en trasliteración o "x" é igual ao "j" castelán, e o son máis parecido en galego é /h/ ou sexa "gh", por iso adpto este son así ao galego. Nunca a grafía inglesa "kh" (que os ingleses pronuncian /k/), ademáis é a recomendación da ISO. Para máis leria: sogdiana@hotmail.es

  • O caso é que eu non dubido das túas razóns, o problema é que é a túa visión particular, e segundo ela debemos adaptar os topónimos taxicos ou dicir Iristán e supoño que en vez de Nagorno-Karabakh escribir adaptando a forma armenia Lernayin Gharabagh, pero isto é unha enciclopedia na que hai que referenciar as decisións (non por investigación orixinal), se aceptamos contra todas as referencias das linguas próximas (en galego no caso concreto non creo que haxa ningunha) Badahxón Montañoso entón porque non aceptar Iristán e Lernavin Gharabagh. Con todo non quero iniciar ningunha guerra, se cambias de novo a Badaghxón Montañoso eu non o vou cambiar de novo.--Arco de Rayne 08:24, 21 agosto 2008 (UTC)