Conversa:Produtos lácteos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Só un comentario, Hugo. Hai presentacións do leite (leite UHT) e produtos lácteos elaborados (queixos curados, postres lácteos, iogures pasteurizados) que xa non necesitan conservación baixo refrixeración. Tanto no leite como noutros alimentos (carne, peixe) hai moitos tratamentos e presentacións nos que hai procesos de hixienización e sistemas de envasado que permiten conservalos a temperatura ambiente sen problemas. Pedro --Lameiro (conversa) 23:40, 5 marzo 2008 (UTC)

  • Non son experto niso, estou traducindo o artigo da wikipedia española, pero se queres poderías contribuir a mellora-lo aínda máis--Hugo22 00:09, 6 marzo 2008 (UTC)
    • Mentres o teñas en uso, preferín advertircho na conversa. Eu xa sufrín algunha vez un deses conflitos de edición que me fixo perder un bo tempo de traballo, e iso jode... Pero xa haberá tempo e, cando o consideres oportuno podo engadir ou puntualizar algunha cousa. Pedro --Lameiro (conversa) 19:54, 7 marzo 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Produtos lácteos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 20 de febreiro de 2020 ás 04:21 (UTC)[responder]