Conversa:Premio de poesía Pérez Parallé

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

ola, son eduardo estévez. corrixín un par de datos do texto que non eran correctos: -o obradoiro literario que coordino en fene non o subvenciona o círculo mercantil senón que é unha das escolas do concello. -o premio non está dirixido a autores inéditos senón a libros de poesía de autores inéditos. o matiz paréceme importante. o premio non é para xente senón para libros. -quitei o do límite de 400 versos porque nas bases non se indica un límite de versos obrigatorio, senón que se suxire de modo orientativo un mínimo de 300 versos. -quitei tamén o de que se valora especialmente "a unidade da obra como libro". iso non vén nas bases de ningún modo. a idea é a seguinte: as bases non impoñen un límite de versos porque nos parece que un poemario de textos breves (por exemplo, haikus) pode perfectamente ser considerado un libro sen chegar nin mesmo ao límite orientativo de 300 versos. como non hai un límite mínimo obxectivo para determinar que conxuntos de poemas caben dentro da convocatoria e cales deben descartarse, a idea é que o xurado determine se unha obra presentada pode ou non ser considerada un "libro". nun sentido práctico, o asunto refírese nomeadamente á súa extensión en páxinas (que non en versos). falando en cartos: se ese feixe de poemas dá para montar un libro e facerlle un lombo.