Conversa:Praias de Oleiros

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Acabo de facer un cambio na toponimia da praia de Naval. Como se pode ver na páxina do concello de Oleiros, que uso como referencia, o nome máis habitual é o de praia de Naval, que coloco como primeiro. En segundo lugar, coloco o nome de praia de Porto Naval, que aparece nalgúns mapas, aínda que non ten uso real na actualidade; para este nome tomo como referencia a páxina web de Turgalicia. Corrixo Atalaia por Atalaya, e póñoa en cursiva para sinalar o uso do castelán, pola seguinte razón: Atalaya non é o topónimo orixinal da praia, senón o nome dun edificio de apartamentos que foi construído alí na década de 1970. Os turistas e veraneantes comezaron a usar o nome do edificio para a praia. Podo comprender que na Galipedia conste o nome Atalaya, en castelán e cursiva, porque ese nome foi efectivamente usado para a praia. Por iso non me atrevo a eliminalo sen a opinión da comunidade, sobre todo porque existen referencias na web dese nome. Pero non estou de acordo con galeguizalo en "Atalaia", porque iso pódelle dar un falso aspecto de topónimo tradicional e fomentar a confusión. Sei que a Wikipedia non é unha fonte primaria e non hai publicacións previas que falen disto pero, en calquera caso, debería resultar significativo que as referencias que hai en Google dese nome (buscando por "praia Atalaia Oleiros") sexan resultados en castelán, Atalaya. En definitiva, non vexo fundamento para que apareza como "Atalaia" e, en última instancia, a miña proposta é que se elimine ese nome neste artigo. Non sei o que vos parece. Saúdos, vilachan (conversa) 18 de maio de 2017 ás 18:52 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Praias de Oleiros. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 20:35 (UTC)[responder]