Conversa:Polycommander

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Referencias[editar a fonte]

Nas primeiras edicións deste artigo, Beninho afirmaba que "No accidente morreron 23 dos seus 39 tripulantes" (6.12.2007). No artigo homónimo na es:wiki afírmase, pola contra que "No hubo víctimas mortales". Ningún dos dous dá referencia ningunha, pero probablemente sexa certo que non houbese mortos, segundo de pode deducir do informe do CEDRE: "La tripulación y algunos pasajeros presentes a bordo son totalmente evacuados a tiempo sanos y salvos". A falta de confirmación, retiro este dato ata ver se alguén atopa unha fonte máis categórica. Pedro --Lameiro (conversa) 19:47, 7 de novembro de 2012 (UTC)

Aquí di que non houbo. --. HombreDHojalata.conversa 19:59, 7 de novembro de 2012 (UTC)
Non sei se viches esta páxina, parece moi interesante, inclusive o comentario.
E aquí tes La Vanguardia dese día: [1]. --. HombreDHojalata.conversa 20:13, 7 de novembro de 2012 (UTC)
Aquí a noticia no ABC dos días: 6, 7, 8 ... --. HombreDHojalata.conversa 20:34, 7 de novembro de 2012 (UTC)

Outra referencia interesante: "Capitán condenado a tres meses de arresto" ABC 20/02/71. --. HombreDHojalata.conversa 20:43, 7 de novembro de 2012 (UTC)

Xa rematando, unha curiosidade: La Guardia Costera de EE UU pidió información sobre el "Polycommander" Faro de Vigo.
E dúas fontes bibliografícas en galego (Xerais):
Naufraxios no mar de Vigo
Historia da costa galega e os seus naufraxios. Século XX --. HombreDHojalata.conversa 21:00, 7 de novembro de 2012 (UTC)

Vale, vale. Abonda. Todas as fontes coinciden en que non houbo mortes, aínda que nesta páxina, un que di ser testemuña directa dos feitos, asegura que un dos mariñeiros dun remolcador morreu: "el accidente que le causó la muerte fue debido a la rotura de una chapa del petrolero por donde salió petróleo ardiendo, como si de un lanzallamas se tratara, que le alcanzó directamente"; tamén di que a causa do accidente foi que o capitán ía borracho. Pedro --Lameiro (conversa) 22:05, 7 de novembro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Polycommander. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 05:09 (UTC)[responder]