Conversa:Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Cando se aprobou o PNL?[editar a fonte]

Di o artigo que se aprobou o 7 de setembro de 2004, pero non nos dá referencias. Teño diante miña un libro editado pola Xunta en 2005, dando conta de tódalas medidas aprobadas, que indica que se aprobou o 22 de setembro de 2004. Pero nesta páxina da propia Xunta (que non vén en galego) di que se aprobou o 21 de setembro ¡de 2014!, a mesma data, pero xa de 2004, que nos dá estoutra páxina. Para máis inri, a ligazón que se engade ó final ó texto está rota. Fainos falta confirmar a data. A ver que a sabe localizar, con seguridade. Pedro Lameiro (conversa) 1 de agosto de 2023 ás 17:57 (UTC)[responder]

  • Ben. Xa teño claras as datas, grazas á información de Xesús Ferro Ruibal. O Parlamento publicou o borrador o 7 de setembro de 2004 (BOPG 622, de 7.09.2004). Aprobou o Plan por unanimidade o 21 de setembro pero aínda o 23 de setembro se aprobaron 5 modificacións do BNG, 2 do PSdG e unha do PP. E publicouse en formato libro en 2005. Corrixo, xa que logo, as datas. Pedro--Lameiro (conversa) 9 de setembro de 2023 ás 22:21 (UTC)[responder]