Conversa:Piñeiro bravo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazón[editar a fonte]

No texto Inflorescencia masculina (Queixas en marzo 2009). Queixas leva a Queixas, Cerceda. Unhanova (conversa) 12 de abril de 2017 ás 06:27 (UTC)[responder]

Unhanova é correcto, é o lugar onde se tirou a foto, cambiei un pouco o pé da imaxe para que quede un pouco máis claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2017 ás 18:40 (UTC)[responder]

Autóctono en Galicia[editar a fonte]

No artigo parece implícito que o Pinus pinaster é unha especie autóctona de Galicia, pero non é así. Penso que debería aclararse este tema. Binlou (conversa) 20 de outubro de 2017 ás 15:16 (UTC)[responder]

Binlou, podes modificalo ti directamente, achega as referencias axeitadas para basear os teus cambios e así os que revisen as modificacións poderán verificar esa información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2017 ás 19:16 (UTC)[responder]
Iso é fácil, Elisardojm:
  • "Considérase que o piñeiro do país ou piñeiro bravo (Pinus pinaster) se introduciu en Galicia no século XVIII, quizais procedente de Portugal" (Guía das árbores e bosques de Galicia, Francisco Javier Silva Pando e Antonio Rigueiro Rodríguez, Galaxia, 1992, px. 228).
  • :: "É unha árbore naturalizada en Galicia, ora que a idea máis difundida e defendida é que procede de Portugal e que chegou no século XVIII" (Guía das árbores de Galicia, Marisa Castro e outros, Colección Montes e Fontes, Xerais 1989, px. 167).

Pedro --Lameiro (conversa) 19 de febreiro de 2020 ás 21:30 (UTC)[responder]

Grazas Lameiro, haberá que metelo no artigo logo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2020 ás 22:29 (UTC)[responder]