Conversa:Pedro Floriani

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Pedro Floriani non consta en ningún lugar como autor do proxecto de ningún dos viaductos redondeláns, non é pois da súa autoría, e sí pudo ser, en todo caso, un subcontratista da obra, o que é totalnente diferente. O apresuramento nos anos 90 en dalo como autor de este monumento ferroviario por unha simple información sin probas no diario Faro de Vigo, sen sequera comprobar o que había de certo, deu lugar a que se lle puxera o seu nome a un dos institutos de Redondela en detrimento doutras persoaxes deste municipio con máis méritos para levalo. Quen quera pode acceder aos moitos estudios que existen sobre os viaductos de Redondela e incluso aos proxectos orixinais que se conservan nos arquivos da administración central, paso necesario antes de facer atribucións inexactas e gratuitas da autoria desta interesante mostra do noso patrimonio industrial. (sen firma)

Hai 2 Pedros Floriani. 1: O arquitecto militar italiano da idade média ó que se refiren as wikis inglesa e siciliana e outro é o Pedro Floriani de Redondela, que era un contratista do viaduto de Madrid, nada de deseñador ou arquitecto. O que lle fixo famoso foi que tentou suicidarse arroxándose dende o alto da ponte cando se enterou de que non lle iban a pagar o coste da obra por no considerarse suficientemente segura para o seu uso. --ZEph! 10:48, 13 agosto 2009 (UTC)

  • Marqueino para borrar por ter datos inexactos ou falsos e non se achega dato que indique relevancia, ser simplemente un contratista non me parece suficiente para ter un artigo.--RNC 11:27, 13 agosto 2009 (UTC)
  • Concordo para lixo rapido polo dito, ademáis a ligazón externa vai co Pietro Paolo Floriani (1585-1638) da WPen. ElviraConversa comigo 13:37, 13 agosto 2009 (UTC)

Home, eu penso que sí é unha persoa relevante. O que pasa é que o artigo estaba mal feito dende o principio xa que tiña información sen verificar e ligazóns a outro Pedro Floriani diferente. É certo que foi un simple contratista, pero ten unha historia bastante interesante. Ésta persoa cando se enterou de que non lle iban a pagar o ponte, tirouse del e quedou paralítico. A historia queda ahí ata que na década dos 80 (creo) o Faro de Vigo publicou que o tal Floriani era discípulo de Eiffel e que foi o deseñador da ponte e se suicidou. O concello de Redondela, sen verificar as fontes, apresurouse a poñerlle a un colexio o nome de Pedro Floriani. Tempo máis tarde descubriuse que toda a información era falsa e que a historia real é a que se conta máis arriba, a do simple contratista que se tentou suicidar por que non ía cobrar. De calquer xeito, quedou quedou o nome do tío no colexio e quedou a lenda romántica do deseñador que se suicida dende a sua propia obra (e ó curioso da lenda haille que sumar o valor sentimental que teñen os viadutos para os redondeláns). Penso que Floriani sí merece un artigo pero con referencias e fontes acreditadas. Un saudo, --ZEph! 17:56, 13 agosto 2009 (UTC)

Si, coido que na medida en que ten certa popularidade a lenda, ten relevancia un artigo sobre a persoa, comentando o da lenda, máis aclarando a verdade, e esa confusión con Pietro Floriani. --Alberte Si, dígame? 18:01, 13 agosto 2009 (UTC)
  • Tal como estaba habíao que borrar, se podes redactar o artigo de xeito que sexa coherente e del se deduza a súa relevancia, engadíndolles as referencias, non haberá problema para que permaneza, anímote a facelo desde logo.--RNC 18:17, 13 agosto 2009 (UTC)