Saltar ao contido

Conversa:Parasíntese

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • É un tema complexo do que eu non son especialista, pero penso que o artigo está mal composto: Na definición fálase do uso da composición e derivación ao mesmo tempo. Os exemplos non se corresponden coa definición, inda que son palabras parasintéticas, pois nelas non hai composición, só derivación mediante prefixación e derivación mediante sufixación.
Eu non encontro ningunha palabra en galego que sexa formada mediante o uso -ao mesmo tempo- da composición e da derivación, tal e como di a definición; pero xa digo que non é un dos meus temas favoritos-- Lmbuga / Conversa comigo  5 de abril de 2016 ás 20:31 (UTC).[responder]
Obsérvese que baloncestístico está formado sobre baloncesto, non se emprega ao mesmo tempo a composición e a derivación.-- Lmbuga / Conversa comigo  5 de abril de 2016 ás 20:34 (UTC)[responder]
Dixen que os exemplos estaban ben, pero non: enmagrecido está formado sobre enmagrecer (a palabra aparece no VOLGa). Antediluviano está formada mediante prefixación sobre diluviano, non é parasíntese. Uf, que horror! -- Lmbuga / Conversa comigo  5 de abril de 2016 ás 20:39 (UTC)[responder]
Alaranxado está ben, non aparece no VOLGa alaranxar.-- Lmbuga / Conversa comigo  5 de abril de 2016 ás 20:40 (UTC)[responder]