Conversa:Pano de aceiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Iugoslavia[editar a fonte]

Estou procurando en varias fontes o termo Xugoslavia en galego e atopoo como Xugoslavia e non como Iugoslavia. Eu cando escribín o artigo tiven as miñas dúbidas sobre a escrita da palabra, mais o certo é que se di Xugoslavia, mesmo na rede aparece Xugoslavia. Grazas.

  • Agradeceríache que pillaras un libro de ESO ou bacharelato, ou un atlas en galego, é dicir, algún texto que poida ser minimamente fiable. Non hai dúbida de que é Iugoslavia. --Lmbuga Commons - Galipedia 23:45, 9 novembro 2006 (UTC)
  • No dicionario Ir Indo aparece como forma correcta Pano de aceiro, non sei se outros dicionarios traen telón de aceiro, caso contrario habería que mudar o título.--Arco de Rayne 12:53, 4 agosto 2008 (UTC)
  • Non atopei telón nin no DRAG nin no VOLG, todo parece indicar que é un castelanismo non aceptado no galego procedente da palabra castelá tela. Procedo a mudar o título.--Arco de Rayne 13:23, 4 agosto 2008 (UTC)

Por que "de aceiro" e non "de ferro"?[editar a fonte]

A primeira formulación deste concepto foi feita por Winston Churchill na Conferencia de Ialta de febreiro de 1945 ao dicir: "An iron curtain would fall over this enormous territory controlled by the Soviet Union, behind which nations would be slaughtered"

Por tanto, Churchill falou de cortina -ou pano- de ferro (iron), non de aceiro (steel).

De feito, se acudimos a otras wikipedias como a inglesa, a francesa, a portuguesa ou a italiana (por nomear algunhas) podemos observar como todas elas se refiren indistintamente ao ferro e non ao aceiro (Iron Curtain, Rideau de Fer, Cortina de Ferro, Cortina di Ferro).

Penso por tanto que utilizarmos en galego o "aceiro" non é máis que un castelanismo, e que en galego deberiamos usar o termo de "cortina de ferro" (ou pano, aínda que eu son máis partidario do "cortina" utilizado en portugués) para refirírmonos á fronteira entre o bloque capitalista e comunista na Guerra Fría do século XX.

Un saúdo, Carlos