Conversa:Párkinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

A enfermidade de Parkinson debe o seu nome ó doutor que a descubriu hai case 200 anos, James Parkinson. Co tempo, acabou por converterse nun substantivo común que designa, de forma abreviada, a propia enfermidade: o párkinson.

Tal como responde o Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega á consulta que lle fixemos, cando actúa como substantivo común conserva a grafía do nome de orixe pero se escribirá con minúscula e con til (o párkinson é unha enfermidade terrible); pero cando forma parte do sintagma “enfermidade de...” escribirase na súa forma orixinal (como apelido do doutor), con maiúscula e sen til (a enfermidade de Parkinson é unha enfermidade terrible).

O mesmo criterio aplicarase no caso de alzhéimer e a enfermidade de Alzheimer.

A seguir, transcribo o correo recibido o día de hoxe do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega:

Efectivamente, ambos os dous termos teñen o mesmo tratamento, ao se considerar que se xeneralizaron como substantivos comúns para denominar as enfermidades correspondentes.
Xa que logo, escríbense con minúscula inicial e, malia conservaren a grafía do nome do que se tomaron (como é habitual nos estranxeirismos que non contan cunha forma adaptada), si se acentúan consonte o indicado ao respecto no punto 2.6. das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (“As palabras estranxeiras de circulación corrente, aínda que non estean plenamente adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuación”).
Pola contra, como ben indica no seu correo, como parte do sintagma “enfermindade de ...” utilízase o nome con maiúscula, na súa forma orixinal.
Atentamente,
Seminario de Lexicografía Real Academia Galega (RAG)

Pedro --Lameiro (conversa) 1 de setembro de 2016 ás 20:11 (UTC)

Nota bene: cómpre agradecer a Miguelferig a observación do tratamento incoherente (e incorrecto) que faciamos na Galipedia destes termos.

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Párkinson. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de marzo de 2020 ás 01:46 (UTC)