Conversa:Ordinal (gramática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Suxiro un cambio na definición de ordinal polos motivos que indico. A anterior era:
O ordinal é un pronome que sinala a posición espacial ou temporal que un ser ou ente ten nunha serie ou sucesión teoricamente finita.

Suxiro:
O ordinal é un numeral que sinala a posición dun elemento nunha serie ou sucesión.
Os motivos son:

  • "pronome" por "numeral": Convén indicar a categoría gramatical á que pertence ademais de que os ordinais poden ser adxectivos cando acompañan un nome, por exemplo: Chegou ao segundo día.
  • eliminar "espacial ou temporal": tamén pode ser simbólica, social, económica, etc. Non hai por que limitalo.
  • "ser ou ente" por "elemento": o elemento é a denominación xenérica dun compoñente dun conxunto e evita os problemas definitorios do "ser" ou do "ente".
  • eliminar "teoricamente finita": o risco infinito / finito afecta ao remate dunha serie, non ao seu comezo, e contamos desde o comezo, polo que é irrelevante. Nunha serie infinita, tamén hai primeiro, segundo, etc. Conversa con Tiberio 20:19, 12 xaneiro 2010 (UTC)