Saltar ao contido

Conversa:O Correcamiños

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Road runner

[editar a fonte]

A palabra road en inglés pode significar estrada, camiño ou rúa. Por tanto, a tradución "literal" de Road Runner non parece que sexa galo corredor (galo en inglés é cock, rooster ou cockerel), máis ben sería "Corredor de camiños" (dos camiños dos matos onde vive), polo que non entendo a nota 1. Supoño que te refires á tradución do nome do animal. O de galo corredor non sei de onde o sacas ou cal é a referencia, xa que non a proporcionas. En portugués hai referencias para galo-cuco e papa-léguas. En canto ás referencias en galego existen referencias para correcamiños no dicionario DiGalego e na Enciclopedia Galega Universal.--Miguelferig (conversa) 6 de setembro de 2021 ás 11:57 (UTC)[responder]