Conversa:O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na Europa do período cuaternario nunca houbo asnos silvestres. Tampouco houbo «onagros», que son animais diferentes dos asnos. O único membro da familia das equidae que viviu en estado silvestre durante ese período é o cabalo bravo (Equus ferus), especie da cal proceden as poboacións semi-silvestres de cabalos (galegas ou doutras partes) e á cal pertencen todas as poboacións actuais de cabalos domésticos, incluídos na denominación trinomial Equus ferus caballus. Por outro lado, o nome romance «(e)zevro» (coas súas variantes) procede da aglutinación «equĭfĕr(u)-» (mais as correspondentes desinencias), que está documentada no baixo latín. Só de «equĭ-» pode proceder *ecĭ(v’ru-) > eze(vro). Se viñese de «equu-» tería que dar «ego-» ou «egoo-», tal como «equa-» deu «égoa» e «egua».