Conversa:Non chores, Sabeliña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A primeira zarzuela galega da historia é ¡Non máis emigración!, con música de Felisindo Rego e libreto en galego de Ramón Armada Teixeiro, estreada no Teatro Tacón de La Habana o 10 de abril de 1886, moito antes de Non chores, Sabeliña! (o título orixinal inclúe o signo de exclamación). Ademais, Non chores, Sabeliña! foi estreada na súa época de composición polos coros Frores e Silveiras e Cántigas e Aturuxos o 11 de febreiro de 1943. Como fonte importante para a revisión deste artigo pode tomarse a tese de doutoramento de Javier Jurado Luque A lenda de Montelongo: A zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego (Universidade da Coruña, 2010). --Danielmartinenkel (conversa) 27 de maio de 2017 ás 16:00 (UTC)[responder]