Conversa:Naguib Mahfuz

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Naxib Mahfud»)

Untitled[editar a fonte]

Non creo que se debe cambiar o nome propio dunha persoa cando a forme de escribirse no seu idioma natal e compatible ca nosa grafía e idioma, creo que deberiamos respetar a grafía de orixe e non facer unha onomatopeia do seu apelido. E só unha opinión. --Lansbricae 20:37, 11 decembro 2006 (UTC)

O seu nome de orixe escríbese en grafía árabe, polo tanto é imposible mantelo na galipedia. Outra cousa ben distinta é que me digas que é preferíbel utilizar a grafía española (Mahfuz) ou a francesa (Mahfouz). Nese caso, deberías argumentar calquera desas dúas opcións. Grazas, ante todo. --Xabier Cid 00:35, 15 decembro 2006 (UTC)

Tes razón, do que dubidaba era si en árabe sonaba "s" ou "z", (cosa que decoñezo), e din por feito que sonaba "z" por optar tódalas linguas por esa terminación e ningunha polo "s", pero recoñezo que o razoamento está baseado nun prexuizo, e non me atrevería a volver a ser tan absoluto. Grazas pola resposta. Un saúdo. --Lansbricae 13:31, 15 decembro 2006 (UTC) P.D. Noraboa polo artigo. Está moi ben.

Non, de feito, nesas linguas todas pronúnciase máis ou menos como o noso 's', unhas veces máis sonoro e outras máis xordo, pero nunca nunca como un 'z' do español ou un 'th' do inglés. Por iso é máis indicado (creo) grafalo cun 's' e non cun 'z' que temos que pronunciar como 's'. Apertas. --Xabier Cid 14:23, 15 decembro 2006 (UTC)