Conversa:NBC (homónimos)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Se Nuclear, biological, chemical é máis coñecido por ABQ non podería ser que NBC ligue directamente con National Broadcasting Company?--Cheluco 16:02, 13 de setembro de 2010 (UTC)

Ningunha páxina liga con Nuclear, biological, chemical e non creo que no futuro haxa ningunha dado que é máis coñecido por ABQ (Atómico, biolóxico e químico) pero é que ademais está en inglés, en galego é NBQ, creo que neste caso está máis que xustificado que NBC dirixa directamente á cadea de televisión.--Cheluco 10:37, 29 de setembro de 2010 (UTC)
Feito, hai outras redes de comunicación coas siglas NBC pero dado que pola súa historia, producións e repercusión mundial é bastante lóxico que NBC ligue cara a rede norteamericana, sen que iso sexa entendido como favoritismo.--Cheluco 10:50, 29 de setembro de 2010 (UTC)
O problema viría cando alguén quixese crear os artigos sobre a Namibian Broadcasting Corporation e a Nation Broadcasting Corporation. Mellor deixar a páxina de homónimos como está. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:20, 29 de setembro de 2010 (UTC)
Non o vexo tan claro, existe outra canle de televisión coas siglas TVG pero é innegable que a repercusión da Televisión de Galicia na Galipedia e no mundo galegofalante leva a que TVG redirixa a ela, e aínda que existiran sete sería o mesmo, no caso da NBC a repercusión no ámbito galegofalante leva a que cando se fala da NBC sexa a cadea estadounidense da que se fale na inmensa maioría dos casos, non o decimos nós é o uso. Non sei cal é o problema en que cando se faga o artigo da NBC de Namibia se faga co nome completo--Cheluco 11:29, 29 de setembro de 2010 (UTC)