Conversa:Motacilla

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

As cifras de exemplares non se corresponde co que di a fonte de referencia, sexa para Galicia ou para España, vounas eliminar ata que se aclare o dato.--Cheluco 14:35, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Quedan por confirmar lavandeira lúgubre e lavandeira clara como formas galegas correctas.--Cheluco 14:47, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)
Non sei que cifra estará errada pero algunha ten que estar nesta frase: En Galicia existen 5 especies pertencentes á familia dos motacíllidos (Motacillidae), delas, 7 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, 2 son hibernantes no país e 1 aniña localmente, supoño que no canto de 7 é 2 pero non o mudo por se está tamén mal algunha outra.--Cheluco 14:57, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)
Na edición que eu teño (2004), Penas Patiño&Co falan de 5 especies do xénero Motacilla:
  • M. cinerea (lavandeira real): algo menos que común
  • M. alba alba (lavandeira brabca): moi común
  • M. flava (lavandeira verdeal): común e estival
  • M. alba yarrellii (lavandeira noura): escasa pero regular, e invernante
  • M. citreola (lavandeira citrina): accidental (rara na península)
É dicir, que me saen 3 comúns (2 todo o ano e 1 só de marzo a outubro), 1 invernante (que non é o mesmo que hibernante, claro erro) e 1 accidental (que non é o mesmo que aniñe localmente). Paseille a pregunta a un da SGO e estou esperando a resposta. Mentres tanto, vou corrixi-lo texto en función desta referencia, que é a que temos. Pedro --Lameiro (conversa) 18:27, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 20:17 (UTC)[responder]