Conversa:Microbioloxía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

As seccións Tipos de microbioloxía e A microbioloxía na actualidade veñen dici-lo mesmo, se ben a excesiva subdivisión da primeira me resulta ficticia. Dubido moito que a Microbioloxía clínica, se existe, estude a morfoloxía dos microbios, e é absolutamente falso que a Microbioloxía dos alimentos estude os microorganismos que estragan os alimentos: precisamente ó contrario, estuda os microorganismos útiles na industria e tecnoloxía dos alimentos. A frase "É sorprendente o impacto que causou sobre occidente a idea creada por Aristóteles sobre a xeración espontánea, aínda que hoxe parézanos absurda foi tomada en tempos atrás como única verdade sobre a orixe da vida" está incompleta ou é incomprensible. A frase "Grazas a isto e aos descubrimentos de Lazaro Spalanzani, a xeración espontánea quedou baixo terra, pero foi John Tydall quen colocou o epitafio" pode ser unha boa metáfora pero semella pouco enciclopédica. E acabo de darme conta que este John *Tydall é realmente Tyndall. Pedro --Lameiro (conversa) 22:27, 17 de novembro de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Microbioloxía. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 00:03 (UTC)[responder]