Conversa:Merluza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Unha dúbida: cal é a política para as entradas toleradas pero non recomendadas polo dicionario da Academia, como é o caso de merluza, pódense redirixir ao artigo principal, neste caso pescada--Xián (conversa) 21:27, 15 de maio de 2012 (UTC)

  • Xián: se non existe un artigo merluza, nunca pode haber unha páxina de conversa coma esta na que estamos, que será borrada axiña. Canto ó fondo da pregunta: non se permiten castelanismos como entrada para que redirixan á forma correcta galega. Non convirtamos isto nun "dicionario" castelám-galego. Un hipotético artigo merluza nunca tería cabida na Galipedia, por máis que esa sexa unha forma moi habitual entre nós (como o son solomillo, besugo ou boda, e tantos exemplos máis). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:53, 15 de maio de 2012 (UTC)
Vexo que non era aquí onde tiña que facer a pregunta, e ademais a miña dúbida era máis xeral, quería saber se as entradas que están toleradas no dicionario da academia (sexan castelanismos ou non por exemplo mistura é entrada tolerada pero non recomendada) podían redirixir á forma recomendada ou se o seu uso se ten que evitar.--Xián (conversa) 21:59, 15 de maio de 2012 (UTC)